Rescate en lugares de dificil acceso

Código: 182159
Data de inscrición: 01/08/2018 - 31/08/2018
Número da edición: 1
Horas lectivas: 24
Prazas: 12
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 16/10/2018 - 18/10/2018
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: aula 10
Horario: 09:00 - 14:00 e 15:00 - 18:00
Días: 16, 17 e18 outubro de 2018
Contido:
TEORÍA (4 h)
1 Normativa aplicable aos equipos e ás técnicas de rescate en altura
2 Equipos, medios e materiais utilizados para rescate
3 Límites de utilización de todos os equipos utilizados en rescate
4 Cordas e nós
5 Conectores e ancoraxes
6 Nós básicos: oito, oito por dobre seo, ballestrinque, dinámico, nó romano, nó bolboreta
7 Realización de ancoraxes de seguridade para rescate
8 Técnicas de recuperación de accidentados en noiros ou terrapléns
9 Técnicas de rescate de persoas accidentadas en suspensión
10 Primeiros auxilios para accidentados en altura

PRÁCTICA (20 h)
1 Explicación do equipo necesario
2 Nós: tipos de nós e utilidade dos mesmos. Realización dos nós
3 Realización de ancoraxes de seguridade para rescate
4 Instalación de cordas para rescate en vertical e rescate en planos inclinados
5 Progresión por corda con descensores e con bloqueadores
6 Descenso por corda usando descensores e con bloqueadores
7 Cambio de cordas en suspensión
8 Utilización de anticaidas escorregantes para seguridade do rescatador
9 Utilización de cordas de seguridade para seguridade do rescatado
10 Salvamento de persoas accidentadas en suspensión
11 Realización de polipastos e polifrenos
12 Traslado no chan de accidentados en padiola
13 Primeiros auxilios básicos para accidentados en altura
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
gratuita

convocatoria DOG núm 145 - 31/07/2018
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.
Solicitudes:
A Agasp proporcionará a manutención(de luns a venres) ás persoas desempregadas admitidas nos cursos e así o soliciten, nos termos que esta estableza e sempre dentro do recinto da Agasp.
A situación de desemprego deberá acreditala o/a alumno/a seleccionado/a na data de inicio do curso, mediante a presentación da tarxeta de desemprego ou calquera documentación acreditativa valida en dereito.