Condución de vehículos todoterreo

Código: 182142
Data de inscrición: 11/04/2018 - 20/04/2018
Número da edición: 2
Horas lectivas: 20
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 02/05/2018 - 04/05/2018
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula de informática 2
Horario: 10:00- 14:00 -15:30-19-30 / día 4: 10:00-14:00
Días: 2, 3 e 4 de maio de 2018
Obxectivos:
Adquirir os coñecementos teórico-prácticos necesarios para conducir con maior seguridade os vehículos todoterreo empregados na prestación do servizo público
Contido:
TEORÍA: 4 horas
- O vehículo: características técnicas (ángulos de ataque, ventral e de saída, inclinación lateral).
- Técnicas de condución (barro, neve, area, terreos accidentados, baixadas e subidas extremas)
- Rescate do vehículo (tracción directa, poleas e reenvíos, ancoraxes). Protocolos de seguridade nas manobras de rescate.
- Accesorios e mantemento do vehículo
- Lexislación: conservación da natureza, responsabilidade patrimonial.
PRÁCTICA: 16 horas de condución en circuíto.
Persoas destinatarias:
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Axentes forestais/medioambientes
Destinatarios específicos:
10 prazas para Medio Rural:
- Axentes forestais (C Medio Rural)
- Axentes facultativos medioambientais (Consellería do Medio Rural)
- Axentes técnicos ambientais (C Medio Rural)
10 prazas para Medio Ambiente:
- Axentes forestais (C Medio Ambiente)
- Axentes facultativos medioambientais (C Medio Ambiente)
- Axentes técnicos ambientais (C Medio Ambiente)
Requisitos:
- Os/as solicitantes deberán ter o permiso de conducir B
- Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
Gratuita
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.número 886 206 123.
Solicitudes:
Durante o prazo de solicitudes teñen que remitir o encabezado da derradeira nómina para xustificar a que consellería pertencen:
por correo electrónico a formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23