Básico de fitosanitarios

Código: 182089
Data de inscrición: 01/03/2018 - 12/03/2018
Número da edición: 3
Horas lectivas: 25
Prazas: 30
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 06/06/2018 - 09/06/2018
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: aula 10
Horario: Dias 6 e 7: 9:00 a 15:30 horas /dias 8 e 9: 9:00 a 15:00 horas.
Días: 6, 7, 8 e 9 de xuño de 2018
Contido:
1. Descrición e xeneralidades
2. Riscos agrícolas derivados da utilización dos produtos fitosanitarios
3. Boa practica fitosanitaria
4. Perigosidade dos produtos fitosanitarios e dos seus residuos
5. Intoxicacións e outros efectos sobre a saúde. Primeiros auxilios
6. Relación traballo-saúde: normativa sobre prevención de riscos laborais
7. Normativa que afecta a utilización de produtos fitosanitarios
8. Protección do ambiente e eliminación de envases baleiros: normativa especifica..
9. Seguridade Alimentaria
10. Principais pragas e enfermidades que afectan os cultivos e danos que producen
11. Métodos de control. Medios de defensa fitosanitarios
12. Manexo integrado de pragas e enfermidades
13. Produción integrada e produción ecolóxica
14. Tratamentos fitosanitarios. Métodos de aplicación
15. Equipamentos de aplicación e compoñentes, mantemento, revisión, inspección, preparación, mestura e aplicación
16. Redución da contaminación. Limpeza, mantemento...
17. Boas practicas ambientais. Sensibilización ambiental
18. Protección do ambiente. Deriva e bandas de seguridade
19. Produtos fitosanitarios ilegais: identificación e riscos asociados ó seu uso
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
• Persoal dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios)
• Grupos de emerxencia supramunicipais (GES)
• Servizos municipais de protección civil e emerxencias.
Requisitos:
Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
gratuita

convocatoria DOG núm. 42 - 28.02.2018
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.