Nós útiles en operacións de salvamento

Código: 182042
Data de inscrición: 24/02/2018 - 05/03/2018
Número da edición: 2
Horas lectivas: 16
Prazas: 16
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 14/06/2018 - 15/06/2018
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: aula de informática pequena
Horario: 9.00-14.00 e 15.00-18.00
Días: 14 e 15 de xuño de 2018
Contido:
MÓDULO 1:
Teoría:
- Materiais: principios e xeneralidades.
- Os nós: principios e xeneralidades.
- Clasificación dos nós.
- Que nó utilizar en función da operación a realizar.
Práctica:
- Nós elementais: simple - capuchino.
- Nós de unión: rizo ou chairo, pescador simple, pescador dobre e nó de cinta plana.
MÓDULO 2:
Teoría:
- Cordas: tipos e características específicas.
- Elección da corda en función da operación a realizar.
- Material auxiliar: cordinos, cordas auxiliares e cintas planas.
- Selado dos extremos.
- Mantemento das cordas e do material auxiliar.
- Consellos prácticos para evitar accidentes
Prática:
Distintos tipos de nós.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
gratuita

convocatoria DOG 39 - 23/02/2018
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.
Solicitudes:
A Agasp proporcionará a manutención (de luns a venres) ás persoas desempregadas admitidas nos cursos e así o soliciten, nos termos que esta estableza e sempre dentro do recinto da Agasp.
A situación de desemprego deberá acreditala o/a alumno/a seleccionado/a na data de inicio do curso, mediante a presentación da tarxeta de desemprego ou calquera documentación acreditativa valida en dereito.