Estabilización de vehículos en accidentes de tráfico

Código: 182031
Data de inscrición: 24/02/2018 - 05/03/2018
Número da edición: 1
Horas lectivas: 25
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 11/04/2018 - 13/04/2018
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula de informática grande
Horario: 9.00-14.00 e 15.30-19.00
Días: 11, 12 e 13 de abril de 2018
Obxectivos:
Adquirir os coñecementos necesarios para realizar un aseguramiento ou unha estabilización dun vehículo ou vehículos implicados nun accidente de tráfico, con vítimas atrapadas no seu interior coas maiores garantías de seguridade, tanto para os intervinientes como para as vítimas.
Contido:
- Equipos de protección individual ( EPI)
- Zona de intervención e riscos secundarios
- Aseguramento e estabilización
- Técnicas e material de estabilización
- Técnicas de mobilización no interior do vehículo
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
gratuita

convocatoria DOG 39 - 23/02/2018
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.
Solicitudes:
A Agasp proporcionará a manutención (de luns a venres) ás persoas desempregadas admitidas nos cursos e así o soliciten, nos termos que esta estableza e sempre dentro do recinto da Agasp.
A situación de desemprego deberá acreditala o/a alumno/a seleccionado/a na data de inicio do curso, mediante a presentación da tarxeta de desemprego ou calquera documentación acreditativa valida en dereito.