Básico de fitosanitarios

Código: 182011
Data de inscrición: 24/02/2018 - 05/03/2018
Número da edición: 2
Horas lectivas: 25
Prazas: 30
Modalidade: Semipresencial (en liña + presencial)
Data inicio - fin: 01/05/2018 - 21/05/2018
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula de informática (parte presencial na Agasp)
Horario: 19 maio de 10:00-14:00h/ 20 maio de 10:00-15:00h /21 maio exame de 17:00-18.00
Días: 1 ao18 de maio parte en liña e 19, 20 e 21 de maio parte presencial
Contido:
1. Descrición e xeneralidades
2. Riscos agrícolas derivados da utilización dos produtos fitosanitarios
3. Boa practica fitosanitaria
4. Perigosidade dos produtos fitosanitarios e dos seus residuos
5. Intoxicacións e outros efectos sobre a saúde. Primeiros auxilios
6. Relación traballo-saúde: normativa sobre prevención de riscos laborais
7. Normativa que afecta a utilización de produtos fitosanitarios
8. Protección do ambiente e eliminación de envases baleiros: normativa especifica..
9. Seguridade Alimentaria
10. Principais pragas e enfermidades que afectan os cultivos e danos que producen
11. Métodos de control. Medios de defensa fitosanitarios
12. Manexo integrado de pragas e enfermidades
13. Produción integrada e produción ecolóxica
14. Tratamentos fitosanitarios. Métodos de aplicación
15. Equipamentos de aplicación e compoñentes, mantemento, revisión, inspección, preparación, mestura e aplicación
16. Redución da contaminación. Limpeza, mantemento...
17. Boas practicas ambientais. Sensibilización ambiental. Riscos de seguridade e ambientais das técnicas de aplicación
18. Protección do ambiente. Deriva e bandas de seguridade
19. Produtos fitosanitarios ilegais: identificación e riscos asociados ó seu uso
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
gratuita

convocatoria DOG 39 - 23/02/2018
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.
Solicitudes:
A Agasp proporcionará a manutención(de luns a venres) ás persoas desempregadas admitidas nos cursos e así o soliciten, nos termos que esta estableza e sempre dentro do recinto da Agasp.
A situación de desemprego deberá acreditala o/a alumno/a seleccionado/a na data de inicio do curso, mediante a presentación da tarxeta de desemprego ou calquera documentación acreditativa valida en dereito.