Reciclaxe de socorrismo en espazos acuáticos naturais

Código: 182002
Data de inscrición: 24/02/2018 - 05/03/2018
Número da edición: 1
Horas lectivas: 16
Prazas: 32
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 04/05/2018 - 06/05/2018
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 2 /piscina/praia
Horario: venres: 16.00-20.00/ sábado: 10.00-14.00 e 16.00-20.00 / domingo: 10.00-14.00 (praia Samil (Vigo))
Días: 4, 5 e 6 de maio de 2018
Obxectivos:
Actualizar a formación necesaria para a renovación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia creado polo Decreto 104/2012, do 16 de marzo, modificado polo Decreto 35/2017, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.
Contido:
• Módulo MF0269_2: Natación (4 horas)
• Módulo MF1082_2: Prevención de accidentes en espazos acuáticos naturais (4 horas)
• Módulo MF1083_2: Rescate de accidentados/as en espazos acuáticos naturais (4 horas)
•Módulo MF0272_2: Primeiros auxilios (4 horas)
Persoas destinatarias:
- Outros Destinatarios - Outros
Destinatarios específicos:
Persoas inscritas no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia que estén obrigados a renovar a inscrición antes do 31 de decembro de 2018. Con todo, poderían inscribirse aqueles que teñen que renovar a inscrición con posterioridade a data sinalada, pero só serán seleccionados no caso de existir prazas vacantes.
Requisitos:
Quedan excluídas desta convocatoria as persoas que obtiveron a inscrición de forma provisional no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia a través do establecido na disposición transitoria única do mencionado Decreto 104/2012, do 16 de marzo, modificado polo Decreto 35/2017 de 30 de marzo.
Inscrición:
gratuita

convocatoria: DOG 39 - 23/02/2018
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.