A nova regulación do urbanismo en Galicia

Código: 181062
Data de inscrición: 08/02/2018 - 17/02/2018
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 06/03/2018 - 08/03/2018
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 7
Horario: de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.30 h
Días: Os días 6 e 7 de marzo de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.30 h e o día 8 de marzo de 10.00 a 14.00
Obxectivos:



O presente curso ten por obxecto proporcionar ás policías ao servizo da Administración Pública de Galicia (autonómica e local), coñecementos básicos sobre o novo marco xurídico do urbanismo determinado pola promulgación da LSG e RLSG de 2016, así como nocións básicas sobre a ordenación do territorio, orientados en función das súas específicas competencias na materia.
Contido:
O MARCO XURÍDICO DO UBARNISMO EN GALICIA. CLASES DE CHAN.
A normativa de ordenación do territorio e urbanismo en Galicia. LOT 1995, LSG E RLSG 2016, TRLS 2015. Os distintos tipos de normas urbanísticas: estatais, autonómicas e locais (plans e ordenanzas). Clases de chan: urbano, urbanizable, núcleo rural e rústico. Especial referencia e estudo do chan rústico.
A PLANIFICACIÓN URBANÍSTICA.
O concepto de plans urbanísticos: a súa significación. Os Plans Xerais: procedemento, efectos. As Normas Subsidiarias. O Plan Básico Autonómico (decembro 2017I. As NN. SS. Plan de desenvolvemento: plans especiais, parciais e estudos de detalle.
INTERVENCIÓN URBANÍSTICA.
Licenzas municipais e outras formas de intervención administrativa (ordenes de execución): caducidade das licenzas, revisión e nulidade. As comunicacións previas: procedemento, declaracións de ineficacia.
DISCIPLINA URBANÍSTICA.
Competencias en materia de disciplina urbanística: APLU e Entidades Locais. Inspección urbanística. Disciplina urbanística: infraccións e sancións. Reposición da legalidade.
PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO E URBANISMO.
A nova Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Actos administrativos: instrución e desenvolvemento. Especial referencia a informes e probas. Recursos administrativos.
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local