Operativa policial aplicada á circulación de vehículos extranxeiros. Nivel 3

Código: 181055
Data de inscrición: 08/02/2018 - 17/02/2018
Número da edición: 1
Horas lectivas: 30
Prazas: 15
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 14/05/2018 - 17/05/2018
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 3
Horario: de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.00 h
Días: os días 14, 15, 16 e 17 de maio de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.00 h
Obxectivos:
Adquirir os coñecementos e habilidades que serán transmitidos mediante formación e experiencia laboral do formador, para liquidar as intervencións con vehículos estranxeiros con garantías e seguridade, demostrando profesionalidade e compromiso cos cidadáns.
Ser capaces de manexar o instrumental e material técnico policial para detectar as falsidades en documentos como permisos de circulación, cartóns de inspección técnica de vehículos e certificados de aseguradoras e dotar ao alumno de coñecementos para diferenciar entre documentos indubitados e dubitados, así como a manexar con solvencia xurídica os preceptos da normativa europea e nacional específica desta materia.
Contido:
-Dotar aos asistentes dos coñecementos necesarios en materia de operativa policial con vehículos estranxeiros.
-Detectar as falsidades máis comúns nos documentos presentados a través de Intervencións reais.
-Estudo Documental sobre determinados Países máis controvertidos: (Reino Unido, Holanda, Alemaña, así como os coñecementos básicos en relación con bastidores e demais elementos identificativos nos vehículos tales como placas/adhesivos de fabricante, datos en vidros…
-Estudo doutros posibles documentos derivados do control do condutor / ocupantes do vehículo en cuestión.
-Nocións básicas acerca de como realizar un bo e efectivo control documental na rúa.
-Estudo específico de elementos identificativos nos vehículos tales como bastidores ou placas / adhesivos de fabricante, datos en vidros…
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local