Técnicas de reunións eficaces

Código: 172212
Data de inscrición: 16/09/2017 - 09/11/2017
Número da edición: 1
Horas lectivas: 12
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 29/11/2017 - 30/11/2017
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: seminario
Horario: 10.00-14.00 e 16.00-18.00
Días: 29 e 30 novembro de 2017
Contido:
1. Tipos de renunións: informativa, creativa, de debate, de coordinación e seguimento e de decisión.
2. Proceso da reunión.
3. Primeiro, o primeiro: planificamos?.
4. Roles e comportamentos na reunión.
5. Tipoloxía dos participantes na reunión.
6. Alcanzando a administración eficiente nas reunións.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Responsables de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter prioritariamente a condición de demandante de emprego.
b) Ter superado o curso básico de protección civil.
c) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
gratuita
convocatoria: DOG núm 176 - 15/09/2017
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.