Formación en desfibrilación semiautomática externa (DESA) para persoal non sanitario.

Código: 172204
Data de inscrición: 16/09/2017 - 22/09/2017
Número da edición: 8
Horas lectivas: 8
Prazas: 21
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 02/10/2017 - 02/10/2017
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: seminario e TAU
Horario: 9.00-14.00 e 15.30-18.30
Días: 2 de outubro de 2017
Obxectivos:
Adquirir a formación necesaria para a utilización e manexo dos desfibriladores externos, co fin de conseguir:
1.Aumentar as taxas de supervivencia nos pacientes con morte súbita, conseguindo un acceso precoz a un sistema de emerxencias médicas.
2.Acurtar os tempos para realizar reanimación cardiopulmonar e a desfibrilación precoz.
Contido:
•Introdución.
•RCP básica. Recordo.
•Coñecemento teórico do DESA
•Recollida de datos (Utstein). Mantemento do aparato
•Exercicios prácticos:
-RCP básica
-Práctica DESA
-RCP + DESA (MEGACODE)
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:

- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.
Inscrición:
Gratuita
convocatoria: DOG núm 176 - 15/09/2017
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.