Adaptación da actividade física e deportiva para o exercicio profesional do socorrismo en espazos acuáticos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia (CAFDO-EAN)

Código: 172124
Data de inscrición: 12/05/2017 - 18/05/2017
Número da edición: 1
Horas lectivas: 270
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 24/05/2017 - 10/10/2017
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 7
Horario: Venres e sábados: 9.30-14.00 e 15.30-20.00 / domingos: 10.00-15.00
Días: 26 de maio ao 11 de xuño de 2017 (teoría) e entre o 11 de xuño e o 10 de outubro de 2017 (prácticas)
Contido:
1. Proba especifica de natación (120h)
2. Prevención de situacións de risco e vixilancia en EAN (20h).
3. Intervención e rescate en EAN (25h).
4. Primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias en EAN (25h)
5. Prácticas pofesionais non laborais de socorrismo en espazos acuáticos naturais (80).
Persoas destinatarias:
-
Destinatarios específicos:
a) Licenciados ou graduados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.
b) Técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas.
Requisitos:
a) Estar en posesión do título de licenciado ou graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e non atoparse inscrito de forma definitiva no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Estar en posesión do título de técnico superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas e non atoparse inscrito de forma definitiva no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Inscrición:
Gratuita

DOG 90 do 11/05/2017
Solicitudes:
Durante este prazo de solicitudes achegarán mediante correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal o título de licenciado ou graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte ou de Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas.