Prevención de riscos laborais para bombeiros

Código: 172099
Data de inscrición: 06/04/2017 - 12/04/2017
Número da edición: 1
Horas lectivas: 14
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 01/06/2017 - 02/06/2017
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 1
Horario: 10.00-14.00 e 15.30-18.30
Días: 1 e 2 de xuño de 2017
Obxectivos:
•Coñecer os dereitos e obrigas en relación a seguridade e saúde no traballo según a Lei 31/1995, de 8 de novembro, de prevención de riscos laborais
•Coñecer os principais riscos laborais ós que están expostos os bombeiros: riscos de seguridade, riscos hixiénicos e ergonómicos e riscos psicosociais
•Coñecer a forma en que se organiza a prevención de riscos laborais nos parques de bombeiros
•Coñecer as principais medidas preventivas que poden adoptar os bombeiros para facer fronte ós riscos ós que están expostos no seu traballo, en particular en situacións de emerxencias e primeiros auxilios
Contido:
1. Aplicación da lei de prevención de riscos laborais (LPRL) en bombeiros.
2. Cancro en bombeiros.
3. Tratamento e descontaminación de equipos de bombeiros.
4. PRL en traballos en altura de bombeiros.
Persoas destinatarias:
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Bombeiros dos Parques de Consorcios - Oficial
- Bombeiros dos Parques Municipais - Oficial
- Bombeiros dos Parques de Consorcios - Sarxento/a
- Bombeiros dos Parques Municipais - Sarxento
- Bombeiros dos Parques de Consorcios - Suboficial
- Bombeiros dos Parques Municipais - Suboficial
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias - Xefe do servizo
- Bombeiros dos Parques de Consorcios - Cabo
- Bombeiros dos Parques Municipais - Cabo
Destinatarios específicos:
• Xefes ou responsables dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios)
• Xefes ou responsables dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES)
• Xefes ou responsables dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.
Requisitos:
Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
Gratuita / convocatoria DOG núm 67 - 5 de abril de 2017
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.