Incidentes con múltiples vítimas

Código: 172097
Data de inscrición: 05/04/2017 - 11/04/2017
Número da edición: 1
Horas lectivas: 40
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 19/04/2017 - 28/04/2017
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 10
Horario: 9:00 a 14:00 e 15:30 a 18:30
Días: 19, 20, 21, 27 e 28 de abril de 2017
Contido:
1. Primeiros auxilios.
2. Funcionamento do sistema de Emerxencias extra-hospitalarias en Galicia.
3. Primeiros auxilios psicolóxicos e xestión do estrés.
4. Primeiros auxilios. Responsabilidade civil. Responsabilidade penal.
5. Prácticas de primeiros auxilios. Apoio psicolóxico. Triaxes. Simulacros.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter prioritariamente a condición de demandante de emprego.
b) Ter superado o curso básico de protección civil.
c) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
Gratuita / convocatoria DOG núm 66 - 4 de abril de 2017
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.