Plans de emerxencia municipais (PEMU)

Código: 172091
Data de inscrición: 05/04/2017 - 01/05/2017
Número da edición: 1
Horas lectivas: 21
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 08/05/2017 - 10/05/2017
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 9 e informática 2 ( 9 tarde e 10 )
Horario: 9.00-14.00 e 15.30-18.30
Días: 8, 9 e 10 de maio de 2017
Obxectivos:
Adquirir a formación teórico-práctica que facilite a realización de métodos de prevención e planificación necesarios, en función dos posibles riscos aos que estean expostos os concellos.
Contido:
Módulo 1. Estrutura e organización do PEMU.
Módulo 2. Ferramientas informáticas a contemplar no PEMU.
Módulo 3. Catálogo de medios e recursos.
Módulo 4. Riscos a contemplar no PEMU.
Módulo 5. Implantación dun PEMU.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias - Outro persoal profesional
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter prioritariamente a condición de demandante de emprego.
b) Ter superado o curso básico de protección civil.
c) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
Gratuita / convocatoria DOG núm 66 - 4 de abril de 2017
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.