Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais

Código: 172078
Data de inscrición: 06/04/2017 - 07/05/2017
Número da edición: 7
Horas lectivas: 40
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 12/05/2017 - 21/05/2017
Lugar: Baños de Molgas (Ourense)
Localización: AGASP
Clase ou local: Sede da AVPC de Baños de Molgas
Horario: Venres 19.00-22.00 / sabádos: 9.00-15.00 e 16.00-21.00 / domingos: 9.00-15.00
Días: 12, 13, 14, 19, 20 e 21 de maio de 2017
Obxectivos:
Adquirir a formación necesaria na prevención e loita contra os incendios nos ámbitos urbano e forestal.
Contido:
a) Introdución. Conceptos xerais
b) Incendios urbanos
c) Incendios forestais
d) Primeiros auxilios
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter prioritariamente a condición de demandante de emprego.
b) Ter superado o curso básico de protección civil.
c) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
Gratuita / convocatoria DOG núm 67 - 5 de abril de 2017
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.