Básico de protección civil

Código: 172066
Data de inscrición: 04/04/2017 - 10/04/2017
Número da edición: 9
Horas lectivas: 32
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 06/05/2017 - 14/06/2017
Lugar: Manzaneda (Ourense)
Localización: AVPC de Manzaneda (Pr do Concello, 1)
Clase ou local: sede AVPC de Manzaneda
Horario: sábados de 9 a 15 e 16 a 20 / domingos: 9 a 14 ou 15 e 15 a 20
Días: 6, 7, 13 e 14 de maio de 2017
Obxectivos:
Adquirir a formación básica necesaria para o exercicio das funcións de protección civil.
Contido:
- Módulo I: A Protección Civil.
- Módulo II: Os riscos, accidentes e autoprotección.
- Módulo III: Loita contra os incendios.
- Módulo IV: Comunicacións.
- Módulo V: Actuacións básicas ante emerxencias médicas.
- Módulo VI: Igualdade de oportunidades.
O contido do curso divídese en dúas partes:
Teoría 18 horas
Práctica 14 horas
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal de ingreso nas agrupacións de voluntarios de protección civil.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais: ter prioritariamente a condición de demandantes de emprego.

2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
Gratuita / convocatoria DOG núm 65 - luns, 3 de abril de 2017
Publicacións admitidas:
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.