Coordinación e colaboración na intervención e investigación de accidentes de tráfico. Toma de datos

Código: 172052
Data de inscrición: 05/04/2017 - 04/06/2017
Número da edición: 2
Horas lectivas: 16
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 15/06/2017 - 16/06/2017
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 2
Horario: 10.00-14.00 e 15.30-19.30
Días: 15 e 16 de xuño de 2017
Obxectivos:
- Coñecer a metodoloxía da reconstrución de accidentes, e verificar a importancia dunha boa toma de datos, dos datos efimeros e que poidan verse alterados como consecuencia da súa actuación.
- Instruír aos membros de protección civil no protocolo da toma de datos, e coordinacion cos corpos de seguridade para a constancia,verificacion e analisis dos elementos efimeros como orzamento da reconstrución e o informe técnico
Contido:
1. Coordinación entre corpos e conservación de evidencias.
2. Análise factor humano / vehículo / vía.
3. Atropelos.
4. Excarceración e deformacións.
5. Toma de datos.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter prioritariamente a condición de demandante de emprego.
b) Ter superado o curso básico de protección civil.
c) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
Gratuita / convocatoria DOG núm 66 - 4 de abril de 2017
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.