Prevención de riscos en probas deportivas de motor

Código: 172048
Data de inscrición: 05/04/2017 - 10/06/2017
Número da edición: 1
Horas lectivas: 8
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 22/06/2017 - 22/06/2017
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 2
Horario: 10.00-14.00 e 15.30-19.30
Días: 22 de xuño de 2017
Obxectivos:
- Que os destinatarios coñezan a estrutura e funcionamento organizativo das distintas probas deportivas.
- Dotar aos alumnos dos coñecementos necesarios para identificar os riscos en cada zona, en base ás características da vía, os vehículos participantes e circunstancias climatolóxicas.
- Instruír sobre as políticas de prevención en cada caso e a correcta implantación dos plans de seguridade.
Contido:
1. Introdución.
2. Seguridade nas probas.
3. Estudo cinemático do accidente.
4. Intervención en caso de accidente.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter prioritariamente a condición de demandante de emprego.
b) Ter superado o curso básico de protección civil.
c) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
Gratuita / convocatoria DOG núm 66 - 4 de abril de 2017
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.