Condución vehículos de emerxencias

Código: 172044
Data de inscrición: 05/04/2017 - 11/04/2017
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 12/05/2017 - 14/05/2017
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: informática 2 (pequena)
Horario: Día 12: 16.00-20.00 / Días 13 e 14: 9.30 - 13.30 e 15.00 - 19.00
Días: 12, 13 e 14 de maio de 2017
Obxectivos:
Adquirir os coñecementos teórico-prácticos centrados nas manobras especiais para conducir un vehículo de emerxencias.
Contido:
1. Técnicas de condución (2 horas teoría + 4 horas práctica)
2. Condución todoterreo: conceptos básicos. (2 horas teoría)
3. Condución dinámica e eficiente (1 horas teoría + 11 horas práctica)
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter prioritariamente a condición de demandante de emprego.
b) Ter superado o curso básico de protección civil.
c) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
d) Para os cursos de condución, permiso de conducir B1
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou co desempeño das funcións correspondentes ao curso a que se opta, mediante declaración que se efectuará xunto coa solicitude de matrícula no curso, e será obriga de cada alumno/a poñer en coñecemento da Agasp calquera alteración relacionada con ela.
Inscrición:
Gratuita / convocatoria DOG núm 66 - 4 de abril de 2017
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.