Transmisión da información nas emerxencias

Código: 172040
Data de inscrición: 05/04/2017 - 07/06/2017
Número da edición: 2
Horas lectivas: 20
Prazas: 16
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 10/06/2017 - 11/06/2017
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Seminario
Horario: 9.00-14.00 e 15.00-20.00
Días: 10 e 11 de xuño de 2017
Obxectivos:
Dotar a voluntarios de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia dos coñecementos teóricos e as habilidades prácticas necesarias para poder transmitir con eficacia e seguridade a información en calquera operativo de seguridade e emerxencias. Para conseguilo é imprescindible dotar ao alumno dunha sólida formación teórica que deberá complementarse co correspondente programa práctico a través dos correspondentes talleres e simulacros que engloben os diversos operativos aos que o asistente deberá facer fronte, facendo especial fincapé naqueles que con máis frecuencia ocorran na súa contorna.
Contido:
1. Información e comunicación en emerxencias.
2. Sistemas de telecomunicacións en emerxencias.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter prioritariamente a condición de demandante de emprego.
b) Ter superado o curso básico de protección civil.
c) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
Gratuita / convocatoria DOG núm 66 - 4 de abril de 2017
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.