Actuación en sucesos por fenómenos naturais, vendavais, inundacións, riadas, afundimentos por efecto de terremoto ou corrementos de terreo e outros

Código: 172017
Data de inscrición: 06/04/2017 - 10/05/2017
Número da edición: 1
Horas lectivas: 50
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 15/05/2017 - 23/05/2017
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 4
Horario: 9.00-14.00 e 15.30-19.00
Días: 15, 16, 18, 19, 22 e 23 de maio de 2017
Obxectivos:
C1: Realizar a preparación, posta en funcionamento e mantemento básico dos equipos e ferramentas empregados nas intervencións por fenómenos naturais, comprobar o seu correcto funcionamento e operatividade, segundo normas de seguridade.
C2: Executar tarefas técnicas de apoio á poboación en situacións de risco para as persoas, os bens ou o medio, derivadas de tormentas torrenciais, avenidas ou outras derivadas do ámbito acuático descontrolado, cos medios ao seu alcance e os apoios externos apropiados, verificando o cumprimento das normas de seguridade aplicadas sobre persoas afectadas e intervenientes.
C3: Intervir operativamente en estruturas colapsadas, parcialmente colapsadas ou con elementos en risco de caída, así como en afundimentos do terreo, avaliar os danos producidos e os riscos potenciais no transcurso da intervención, definindo os protocolos de intervención e seguridade e aplicar as técnicas de intervención con precisión.
Contido:
1. Equipos e ferramentas empregados nas intervencións.
2. Intervención en emerxencias por fenómenos meteorolóxicos adversos.
3. Intervención en estruturas colapsadas e afundimentos do terreo.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter prioritariamente a condición de demandante de emprego.
b) Ter superado o curso básico de protección civil.
c) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
Gratuita / convocatoria DOG núm 67 - 5 de abril de 2017
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.