Operacións de extinción de incendios forestais

Código: 172015
Data de inscrición: 06/04/2017 - 11/05/2017
Número da edición: 1
Horas lectivas: 90
Prazas: 15
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 22/05/2017 - 02/06/2017
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula de informática 2 (pequena)
Horario: 9.00-14.00 e 15.30-19.30
Días: 22, 23, 24, 25, 26, 29, 30 e 31 de maio, 1 e 2 de xuño de 2017
Obxectivos:
C1: Preparar a intervención en incendios forestais, verificando o estado e operatividade dos medios materiais necesarios para o seu control e extinción e aplicar correctamente os protocolos de comunicación no seo dun operativo coordinado de intervención.
C2: Organizar o traslado por terra do equipo a distintas localizacións de incendios forestais, situando os vehículos con seguridade e precisión e definindo as tarefas do equipo durante a intervención, segundo plan de ataque definido.
C3: Preparar o helitransporte ao lugar do incendio e traballo con medios aéreos, supervisando as manobras de embarque e desembarque dos recursos humanos e materiais e a aplicación dos protocolos de coordinación e comunicación no desenvolvemento da intervención cos devanditos medios.
C4: Realizar a intervención operativa in situ en incendios forestais, coordinando a actuación do equipo de intervención e aplicando as técnicas de extinción definidas e valorando as necesidades derivadas da evolución do incendio.
Contido:
1. Conceptos básicos de incendios forestais.
2. Equipos, ferramentas e maquinaria utilizados en incendios forestais.
3. Técnicas de intervención en incendios forestais.
4. Operacións con medios aéreos en incendios forestais.
5. Seguridade na extinción de incendios forestais.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter prioritariamente a condición de demandante de emprego.
b) Ter superado o curso básico de protección civil.
c) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
Gratuita / convocatoria DOG núm 67 - 5 de abril de 2017
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.