Como abordar as relacións informativas cos periodistas

Código: 171124
Data de inscrición: 03/08/2017 - 12/09/2017
Número da edición: 1
Horas lectivas: 16
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 02/10/2017 - 09/10/2017
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Horario: de 10.00 a 14.00 e de 15:30 a 19:30 h
Días: 2 e 9 de outubro de 2017
Obxectivos:
1. Xestión da comunicación e a imaxe da institución nos medios propios e externos. (relacións cos periodistas)
2. Taller casos prácticos (notas de prensa, crear e defender argumentarios para declaracións, preparar un mesmo asunto para soportes diferentes: redes, web e periodistas..-.ect)
Contido:
- Como se crean as noticias. Medios e xornalistas: como traballan, que buscan, que necesitan, que esperan de nós.
- Como se comportan as fontes. Con que comunicamos?. Revisión de contido e funcións do material que se envía (notas e comunicados, por exemplo) e do que se demanda (declaracións, entrevistas, informes,?) e uso do off therecord
- A comunicación en situacións de crises. Recomendacións sobre o que se debe facer ylo que se debe evitar.
- A declaracións medidas (entrevistas por teléfono, por exemplo). Creación e uso de argumentarios. A naturalidade nas declaracións: como ler sen que se note.
- As entrevistas en directo. Creación e uso de protocolos.
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local