Apertura de portas en situacións de emerxencias

Código: 162150
Data de inscrición: 06/10/2016 - 13/10/2016
Número da edición: 1
Horas lectivas: 21
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 24/10/2016 - 26/10/2016
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: aula 2
Horario: Dias 24 e 25: 9.00-14.00 e 15.30-18.30 / Dia 26: 9.00-14.00
Días: 24, 25 e 26 de outubro de 2016
Obxectivos:
- Adquirir os coñecementos mínimos, uso e correcta utilización das ferramentas que levan os vehículos de Bombeiros para desenvolver adecuadamente as técnicas básicas de apertura de portas en situación de emerxencia.
- Introdución na a arte do Lockpicking (ganzuado de bombillos) e Bumping.
Contido:
- Breve historia da fechadura.
- Compoñentes e funcionamento dunha fechadura embutida (visualización con maqueta).
- Diferentes modelos de fechaduras embutidas.
- Modelos de bombillos máis comúns (modelos reais).
- Montaxe de fechaduras.
- Manipulación de compoñentes internos (garda).
- Utilización da chapa ou nipón.
- Modelos de escudos (modelos reais).
- Manipulación de compoñentes internos (garda).
- Técnicas básicas de apertura de portas con fechadura embutida.
- Compoñentes e funcionamento dunha fechadura de borjas (visualización con maqueta).
- Fabricación útil para manipulación dunha fechadura de borjas.
- Técnicas básicas de apertura de portas con fechadura embutida de borjas con chaves postas
- Manipulación de maqueta con fechadura de borjas modelo Ezcurra.
- Manipulación de maqueta con fechadura de borjas outros modelos.
- Apertura de portas con fechadura de borjas.
- Apertura de portas con fechadura de pomo.
- Apertura do pasador de baño
- Apertura de xanelas.
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Inscrición:
Gratuita