Busca de persoas desaparecidas co apoio das novas tecnoloxías: dirección, coordinación operativa e intervención

Código: 162134
Data de inscrición: 30/09/2016 - 06/10/2016
Número da edición: 6
Horas lectivas: 20
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 22/11/2016 - 23/11/2016
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Día 22: aula 2
Horario: 9.00-14.00 e 15.00-20.00
Días: 22 e 23 de novembro de 2016
Obxectivos:
Capacitar o alumno para participar con éxito en operativos de busca de persoas desaparecidas (organización, xestión, localización e evacuación) tanto no ámbito urbano coma no rural.
Contido:
Conceptos e xeneralidades.
Capacitación operativa.
Alerta e activación de recursos.
Particularidades da busca en zonas urbanas e en zonas rurais.
Organización dunha busca simulada paso a paso: análise da información, valoración de recursos e actuación/distribución de tarefas.
Técnicas de Busca (tipos I, II, III).
Busca en situacións especiais: montaña, nocturna.
Busca con cans: situación actual e competencias, como actuar ata a chegada dos equipos de rescate
Sinais de petición de socorro.
Protocolo de intervención na busca con aeronaves: sinais terra - aire e protocolos de seguridade durante o acceso ao helicóptero.
Actuación en situacións de risco vital ata a chegada dos servizos de rescate
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Inscrición:
Gratuita