Meteoroloxía aplicada á prevención e intervención en emerxencias

Código: 162133
Data de inscrición: 30/09/2016 - 06/10/2016
Número da edición: 2
Horas lectivas: 20
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 07/11/2016 - 08/11/2016
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: aula 2
Horario: 9.00 -14.00 e 15.00 - 20.00
Días: 7 e 8 de novembro de 2016
Obxectivos:
Capacitar o alumno para poder interpretar os denominados mapas do tempo e familiarizalo cos modelos de predición meteorolóxica, ademais de dotalo dos mínimos coñecementos de meteoroloxía aplicada que lle permitan desenvolver o seu labor con seguridade e eficacia.
Contido:
1. Conceptos e xeneralidades.
2. Fundamentos que sustentan a meteoroloxía e a climatoloxía.
3. Estrutura da atmosfera.
4. O clima e as estacións.
5. Radiación solar. Temperatura.
6. A auga na atmosfera. As nubes.
7. Altura e presión barométrica.
8. O vento: tipos e escalas de medición, simboloxía, cálculo do vento real, frontes, ciclóns e anticiclóns.
9. Meteoros eléctricos e luminosos.
10. Conceptos básicos de meteoroloxía sinóptica. Satélites.
11. Prognóstico meteorolóxico, métodos de prognóstico.
12. Predición numérica do tempo. Elaboración do prognóstico meteorolóxico.
13. Lectura e interpretación dos modelos predictivos.
14. Aplicacións da meteoroloxía á prevención e intervención en emerxencias.
15. Resolución de casos prácticos.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Inscrición:
Gratuita