Condución de vehículos todoterreo

Código: 162044
Data de inscrición: 30/03/2016 - 08/04/2016
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 25/05/2016 - 27/05/2016
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 6
Horario: Primeiros dous días: 9:30 - 13:30 e 15:00 - 19:00; Último día: 9:30 – 13:30
Días: 25, 26 e 27 de maio de 2016
Obxectivos:
Adquirir os coñecementos teórico-prácticos necesarios para conducir con maior seguridade os vehículos todoterreo empregados na prestación do servizo público
Contido:
TEORÍA: 4 horas
- O vehículo: características técnicas (ángulos de ataque, ventral e de saída, inclinación lateral).
- Técnicas de condución (barro, neve, area, terreos accidentados, baixadas e subidas extremas)
- Rescate do vehículo (tracción directa, poleas e reenvíos, ancoraxes). Protocolos de seguridade nas manobras de rescate.
- Accesorios e mantemento do vehículo
- Lexislación: conservación da natureza, responsabilidade patrimonial.
PRÁCTICA: 16 horas de condución en circuíto.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios/as de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter prioritariamente a condición de demandante de emprego.
b) Ter superado o curso básico de protección civil
c) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
d) Ter o permiso de conducir B1.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
Gratuita
Publicacións admitidas:
De acordo co establecido no artigo 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp, as persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con polo menos 48 horas de antelación ao comezo desta. A devandita renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formación.emerxencias.agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 206 123.