Accidentes na estrada

Código: 162034
Data de inscrición: 29/03/2016 - 07/04/2016
Número da edición: 1
Horas lectivas: 34
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 11/06/2016 - 19/06/2016
Lugar: Narón (Coruña, A)
Localización: AGASP
Clase ou local: Base SPEIS e AVPC Avenida Bernardo Romero s/n (Poligono do Pozo) Narón
Horario: Sábados 11 e 18: 10:00-14:00 e 15:30-20,30 / Domingo 12: 10:00-14:00 (4 horas) /Venres 17: 16:00-20:00 / Domingo 19: 10:00-14:00 e 15:30 a 19,30
Días: 11, 12, 17, 18 e 19 de xuño de 2016
Obxectivos:
Adquirir a formación necesaria na prevención e na intervención en accidentes de tráfico.
Contido:
a) Accidentes de tráfico: introdución, conceptos xerais
b) Primeiros auxilios
c) Excarceración
d) Accidentes con risco ambiental
e) Mercadorías perigosas
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter prioritariamente a condición de demandante de emprego.
b) Ter superado o curso básico de protección civil.
c) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
Gratuita