Patrón de navegación básica (PNB)

Código: 162022
Data de inscrición: 24/03/2016 - 30/03/2016
Número da edición: 2
Horas lectivas: 20
Prazas: 40
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 08/04/2016 - 23/05/2016
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Horario: Presentación e clases presenciais: 16:00-20:00 horas. A hora do exame notificarase coa suficiente antelación.
Días: 8 de abril, 13 e 20 de maio de 2016
Obxectivos:
adquirir coñecementos de navegación, así como a capacitación necesaria para poder pilotar unha embarcación no desenvolvemento das funcións encomendadas.
Os que obteñan o título terán atribucións para o manexo de embarcacións de ata 8 metros de eslora, así como para o manexo de toda clase de motos acuáticas.
Contido:
Teórico:
Unidade teórica 1. Nomenclatura náutica
Unidade teórica 2. Elementos de amarre e fondeadura
Unidade teórica 3. Seguridade no mar
Unidade teórica 4. Lexislación
Unidade teórica 5: Balizamento
Unidade teórica 6. RIPA (Regulamento Internacional para Previr Abordaxes no mar)
Radiocomunicacións: coñecemento xeral das radiocomunicacións no servizo móbil marítimo
Práctico:
1- Seguridade e comprobación antes de saír ao mar
2- Motores
3- Cordame
4- Manobras
5- Fondeadura, vixilancia e control da derrota
6- Manobras de seguridade
Radiocomunicacións: Coñecemento práctico detallado e aptitude para utilizar os equipamento de radiocomunicacións
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
• Persoal dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios)
• Grupos de emerxencia supramunicipais (GES)
• Servizos municipais de protección civil e emerxencias emerxencias
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matrícula no curso.
Inscrición:
Gratuita
Publicacións admitidas:
Criterios de selección:
1º Teñen preferencia as persoas que pertenzan a parques de bombeiros, bases de GES ou bases de servizos municipais de protección civil e emerxencias que pola súa situación xeográfica sexan susceptibles de utilizar embarcacións para os seus operativos e sexan designadas polos responsables do seu centro de traballo como as idóneas para recibir esta formación en base ás súas funcións dentro do mesmo.
Dentro do prazo de presentación de solicitudes, os responsables dos centros de traballo deberán enviar cuberto e asinado o anexo I desta convocatoria indicando a/as persoas designadas para recibir esta formación por orde de preferencia.
O anexo I cuberto e asinado poderá enviarse por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 206 123.
Admitirase un aspirante por cada centro de traballo que remita o citado anexo I cuberto e asinado.
En caso de que, despois de aplicar os criterios anteriores, quedasen prazas vacantes admitirase un novo aspirante dentro dos incluídos polos centros de traballo nos anexos I enviados en prazo ata completar o número de prazas.
2º Reservarase o 50 % das prazas para solicitantes mulleres que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria (artigo 50 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro).
3º Teñen preferencia as persoas con menos cursos feitos na Agasp nos últimos dous anos.
Documentación: