Rescate en medios de transporte e en medios acuáticos

Código: 162014
Data de inscrición: 24/03/2016 - 02/04/2016
Número da edición: 2
Horas lectivas: 50
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 01/06/2016 - 09/06/2016
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: aula 6
Horario: 9:00-14:00 e 15:30-18:50
Días: 1, 2, 3, 7, 8 e 9 de xuño de 2016
Obxectivos:
C1: Efectuar operacións de rescate en accidentes de tráfico e outros medios de transporte, aplicando as técnicas e os procedementos de traballo adecuados para liberar as persoas atrapadas en vehículos, evitando riscos para as vítimas e os intervenientes.
C2: Realizar operacións de salvamento de persoas e rescate de obxectos para prevención de riscos no medio acuático, aplicando métodos de busca e técnicas de reflote e rescate.
Contido:
1. Rescate en accidentes de tráfico e outros medios de transporte.
2. Salvamento de persoas no medio acuático.
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
• Persoal dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios)
• Grupos de emerxencia supramunicipais (GES)
• Servizos municipais de protección civil e emerxencias.
Este persoal forma parte do Sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
Gratuita