Soporte vital básico

Código: 162008
Data de inscrición: 24/03/2016 - 02/04/2016
Número da edición: 1
Horas lectivas: 60
Prazas: 24
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 18/05/2016 - 27/05/2016
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 2
Horario: De 9:00 a 14:00 h e de 15:00 a 18:00
Días: 18, 19, 20, 23, 24, 25, 26 e 27 de maio de 2016
Obxectivos:
C1: Aplicar técnicas de soporte vital básico, optimizado, ante situacións de risco vital, segundo o protocolo establecido.
C2: Realizar atención sanitaria básica ante diferentes situacións de emerxencia.
C3: Realizar o apoio á embarazada, ante un parto inminente seguindo un procedemento.
C4: Aplicar os procedementos de actuación inicial ante un paciente traumatizado seguindo protocolos.
C5: Describir a información sobre o estado clínico do paciente e o modo de transmisión ao centro coordinador cando o indique o protocolo.
Contido:
1. Soporte vital básico.
2. Atención inicial ao paciente politraumatizado.
3. Atención inicial ás urxencias e emerxencias cardiocirculatorias e respiratorias.
4. Atención inicial ante emerxencias neurolóxicas e psiquiátricas.
5. Atención inicial ante emerxencias gestacionais e coidados ao neonato.
6. Enchemento da folla de rexistro acorde ao proceso asistencial do paciente e transmisión ao centro coordinador.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter prioritariamente a condición de demandante de emprego.
b) Ter superado o curso básico de protección civil.
c) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.

2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
Gratuita