Operacións de salvamento en altura e en espazos confinados, para AVPC

Código: 162007
Data de inscrición: 24/03/2016 - 02/04/2016
Número da edición: 2
Horas lectivas: 50
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 12/05/2016 - 20/05/2016
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: aula 10
Horario: 9.00-13.00 14.30-18.45
Días: 12, 13, 16, 18, 19 e 20 de maio de 2016
Obxectivos:
C1: Realizar operacións de rescate e salvamento en altura, utilizando os materiais, as técnicas e as medidas de autoprotección adecuadas para salvar vidas, en diferentes tipos de sucesos.
C2: Realizar operacións de rescate de persoas atrapadas en espazos confinados, aplicando as técnicas e procedementos, segundo zona de intervención e verificando as condicións de seguridade das persoas afectadas a intervenientes.
Contido:
1. RESCATE EN ESPAZOS EN ALTURA:
1.1. Principios básicos de física aplicada ás operacións de salvamento en altura.
1.2. Preparación uso e mantemento do material e equipamento de salvamento en altura.
1.3. Técnicas para os traballos de rescate e salvamento en altura.
1.4. Procedementos e protocolos para os traballos de rescate e salvamento en altura.
2. RESCATE EN ESPAZOS CONFINADOS:
2.1. Preparación uso e mantemento do material e equipamento de rescate en espazos confinados.
2.2.Técnicas para os traballos en espazos confinados.
2.3.Procedementos e protocolos para os traballos de rescate e salvamento en altura.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter prioritariamente a condición de demandante de emprego.
b) Ter superado o curso básico de protección civil.
c) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.

2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
Gratuita