Patrón de navegación básica (PNB)

Código: 162006
Data de inscrición: 24/03/2016 - 30/03/2016
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 40
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 08/04/2016 - 23/05/2016
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: sala conferencias
Horario: Presentación e clases presenciais: 16:00-20:00 horas. A hora do exame notificarase coa suficiente antelación.
Días: 8 de abril, 29 de abril e 6 de maio de 2016
Obxectivos:
adquirir coñecementos de navegación, así como a capacitación necesaria para poder pilotar unha embarcación no desenvolvemento das funcións encomendadas.
Os que obteñan o título terán atribucións para o manexo de embarcacións de ata 8 metros de eslora, así como para o manexo de toda clase de motos acuáticas.
Contido:
Teórico:
Unidade teórica 1. Nomenclatura náutica
Unidade teórica 2. Elementos de amarre e fondeadura
Unidade teórica 3. Seguridade no mar
Unidade teórica 4. Lexislación
Unidade teórica 5: Balizamento
Unidade teórica 6. RIPA (Regulamento Internacional para Previr Abordaxes no mar)
Radiocomunicacións: coñecemento xeral das radiocomunicacións no servizo móbil marítimo
Práctico:
1- Seguridade e comprobación antes de saír ao mar
2- Motores
3- Cordame
4- Manobras
5- Fondeadura, vixilancia e control da derrota
6- Manobras de seguridade
Radiocomunicacións: Coñecemento práctico detallado e aptitude para utilizar os equipamento de radiocomunicacións
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC).
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia)
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter prioritariamente a condición de desempregado
b) Ter superado o curso básico de protección civil.
c) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matrícula no curso.
Inscrición:
Gratuita
Publicacións admitidas:
Criterios de selección:
1º Teñen preferencia as persoas que sexan membros de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) que pola súa situación xeográfica sexan susceptibles de utilizar embarcacións para os seus operativos e sexan designadas polos responsables da súa AVPC como as idóneas para recibir esta formación en base ás súas funcións dentro da agrupación.
Dentro do prazo de presentación de solicitudes, os responsables das AVPC deberán enviar cuberto e asinado o anexo I desta convocatoria indicando a/as persoas designadas para recibir esta formación por orde de preferencia.
O anexo I cuberto e asinado poderá enviarse por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 206 123.
Admitirase un aspirante por cada AVPC que remita o citado anexo I cuberto e asinado.
En caso de que, despois de aplicar os criterios anteriores, quedasen prazas vacantes admitirase un novo aspirante dentro dos incluídos polas AVPC nos anexos I enviados en prazo ata completar o número de prazas.
2º Teñen preferencia as persoas que sexan demandantes de emprego.
3º Reservarase o 50 % das prazas para solicitantes mulleres que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria (artigo 50 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro)
4º Teñen preferencia as persoas con menos cursos feitos na Agasp nos últimos dous anos.
Documentación: