Apeos, apuntalamentos e saneamentos

Código: 162003
Data de inscrición: 24/03/2016 - 02/04/2016
Número da edición: 1
Horas lectivas: 80
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 08/04/2016 - 27/04/2016
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: aula 6
Horario: 9.00-13.30 e 15.00-18.30
Días: 8, 11, 12, 13, 14, 15, 20, 21, 22, 27 de abril de 2016
Obxectivos:
C1: Establecer a dotación humana e os medios técnicos necesarios para efectuar os distintos tipos de apuntalamentos, reforzo de emerxencia en edificacións.
C2: Executar as operacións de apuntalamento e reforzos de emerxencia, utilizando os elementos, útiles e ferramentas axeitados para cada caso.
C3: Establecer a dotación humana e os medios técnicos necesarios para executar operacións de emerxencia ante lesións e colapsos na edificación: saneamento, limpeza, demolición, de elementos danados, desentullo e esteamento en edificios colapsados.
C4: Executar as operacións de emerxencia ante lesións e colapsos na edificación, utilizando os elementos, útiles e ferramentas axeitadas para cada caso.
Contido:
1. Patoloxías da edificación.
2. Técnicas de apeos, apuntalamento de emerxencias.
3. Operacións de emerxencia de saneado, limpeza, demolición, desentullo e esteamento.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter prioritariamente a condición de demandante de emprego.
b) Ter superado o curso básico de protección civil.
c) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.

2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
Gratuita