Desenvolvemento das miñas fortalezas, actitudes e habilidades sociais

Código: 161004
Data de inscrición: 04/02/2016 - 12/02/2016
Número da edición: 1
Horas lectivas: 30
Prazas: 16
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 25/02/2016 - 11/03/2016
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Horario: de 9.00 a 14.00 ou de 16.00 a 21.00
Días: Os días 25 de febreiro e 3 e 10 de marzo de 16:00 a 21:00 h; e os días 26 de febreiro e 4 e 11 de marzo de 9:00 a 14:00
Obxectivos:
- Autocoñecemento sobre a base das nosas fortalezas
- Coñecementos prácticos acerca de intelixencia social e emocional
- Desenvolver as posibilidades que nos ofrece a nosa comunicación
- Aumento da nosa capacidade de comunicación pública e privada
- Dotar de propósito ao traballo
- Desenvolver recursos para o benestar psicolóxico
Contido:
1. Fortalezas de carácter
2. Que comunico: a importancia da actitude
3. Traballo en equipo
4. A importancia das emocións na comunicación
5. Negociación e resilencia
6. Sentido como inicio, paixón como camiño
Persoas destinatarias:
- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Corpos de Policía Local
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia
Destinatarios específicos:
Persoal da Unidade da Policía Adscrita á Comunidade Autónoma, dos corpos de policía local de Galicia, da Garda Civil e da Policia Nacional con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
Solicitudes:
O persoal que desexe participar no curso convocado nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.es. Os interesados deberán enviar á AGASP unha carta de motivación para a realización do curso que farán chegar a través do correo electrónico: formación.agasp@xunta.es, indicando no asunto do mesmo SELECCIONDESARROLLO
A carta de motivación para a realización do curso será criterio esencial para a selección do alumnado. Será valorada polo cadro docente que impartira a formación.
Será enviada antes da finalización do prazo de presentación de instancias ao correo electrónico: formacion.agasp@xunta.es, indicando no asunto deste: SELECCIONDESARROLLO