Xornada formativa sobre comunicación e redes sociais para persoal de emerxencias e protección civil

Código: 152135
Data de inscrición: 13/11/2015 - 29/11/2015
Número da edición: 1
Horas lectivas: 7
Prazas: 300
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 01/12/2015 - 01/12/2015
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Sala de conferencias
Horario: 10.00-14.00 e 16.00-19.00
Días: 1 de decembro de 2015
Obxectivos:
adquirir coñecementos sobre as redes sociais para a súa aplicación na xestión das emerxencias.
Contido:
1. Emerxencias 2.0.
• Comunicación e redes sociais, conceptos básicos: desenvolvemento de conceptos redes sociais, sobre a comunicación e as redes sociais. Explicacións sobre cales son os usos e características das redes sociais máis empregadas (Facebook, Twitter, redes sociais de imaxe - Instagram e tamén de xeolocalización –Foursquare).
• Servizos de emerxencia nas redes sociais antes, durante e despois da emerxencia: análise das potencialidades que as redes sociais presentan para a comunicación á cidadanía desde un servizo de emerxencias. O obxectivo é crear a necesidade de traballar a comunicación como un proceso completo e permanente no antes, durante e despois da emerxencia para fomentar a prevención, a contribución á resolución da crise e a reflexión sobre a mesma.
2. Análise de casos reais: análise da actuación dalgún servizo de emerxencias en casos reais desde un punto de vista comunicativo e, particularmente, tratando aqueles aspectos que teñen que ver coas redes sociais.
3. Forzas e corpos de seguridade e unidades de emerxencias nas redes sociais: A Garda Civil nas redes sociais.
4. Forzas e corpos de seguridade e unidades de emerxencias nas redes sociais: a Unidade Militar de Emerxencias (UME) nas redes sociais:
- Importancia das redes sociais en emerxencias.
- Contribución do perfil Twitter da UME en emerxencias de niveis locais e autonómicos.
- Casos prácticos.
- A emerxencia de nivel nacional (nivel III), as circunstancias específicas das redes so
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
• Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil.
• Persoal dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiras/os municipais e de consorcio)
• Membros dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES).
• Profesionais dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Inscrición:
Gratuita
Publicacións admitidas:
As persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con cando menos 48 horas de antelación ao comezo desta. Dita renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico á dirección formacion.emerxencias.agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 206 123.
Noutro caso serán excluídas automaticamente da selección para as dez seguintes actividades que se convoquen, para as que reúnan os requisitos esixidos de participación (artigos 18 e 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp).