Patrón para navegación básica (PNB)

Código: 152099
Data de inscrición: 29/08/2015 - 07/09/2015
Número da edición: 2
Horas lectivas: 20
Prazas: 40
Modalidade: Semipresencial (en liña + presencial)
Data inicio - fin: 06/11/2015 - 09/12/2015
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Día 6: Sala de conferencias. Días 13, 20 e 27: Aula 2
Horario: 16.00-20.00
Días: 06/11/2015 ao 09/12/2015
Obxectivos:
adquirir coñecementos de navegación, así como a capacitación necesaria para poder pilotar unha embarcación no desenvolvemento das funcións encomendadas.
Os que obteñan o título terán atribucións para o manexo de embarcacións de ata 8 metros de eslora, así como para o manexo de toda clase de motos acuáticas.
Contido:
Teórico:
Unidade teórica 1. Nomenclatura náutica
Unidade teórica 2. Elementos de amarre e fondeadura
Unidade teórica 3. Seguridade no mar
Unidade teórica 4. Lexislación
Unidade teórica 5: Balizamento
Unidade teórica 6. RIPA (Regulamento Internacional para Previr Abordaxes no mar)
Radiocomunicacións: coñecemento xeral das radiocomunicacións no servizo móbil marítimo
Práctico:
1- Seguridade e comprobación antes de saír ao mar
2- Motores
3- Cordame
4- Manobras
5- Fondeadura, vixilancia e control da derrota
6- Manobras de seguridade
Radiocomunicacións: Coñecemento práctico detallado e aptitude para utilizar os equipamento de radiocomunicacións
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
- Bombeiros dos Parques Municipais - Cabo
Destinatarios específicos:
persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
haber superado con anterioridade o curso básico de protección civil, e terán preferencia os/as que o fixeron no ano 2014 ou anteriores.
Neste curso teñen preferencia na selección:

1º. As persoas que sexan membros de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) que pola súa situación xeográfica sexan susceptibles de utilizar embarcacións para os seus operativos e sexan designadas polos responsables da súa AVPC como as idóneas para recibir esta formación en base ás súas funcións dentro da agrupación. Esto deberán facelo enviando o anexo I da convocatoria (data límite de presentación: 7 de setembro).

2º. As persoas desempregadas e a continuación as que están en “mellora de emprego” (data límite de presentación: 14 de setembro).


Para acreditar esto deben enviar:

1º. O anexo I ao correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.es ou ao fax número 886 206 123

2º. A tarxeta do paro escaneada (ou de mellora de emprego) debidamente actualizada, ao correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.es.
Inscrición:
Gratuita
Documentación: