Básico de prevención de riscos laborais (en liña)

Código: 152097
Data de inscrición: 29/08/2015 - 07/09/2015
Número da edición: 1
Horas lectivas: 100
Prazas: 40
Modalidade: En liña co exame presencial
Data inicio - fin: 29/09/2015 - 07/12/2015
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Agasp
Horario: Exame ordinario: 7/12/2015 ás 10.00 horas - Exame extraordinario: 14/12/2015 ás 16.00 horas
Días: 29 de setembro de 2015 ao 7 de decembro de 2015
Obxectivos:
• Desenvolver no alumnado aquelas competencias necesarias para exercer as funcións avanzadas en prevención de riscos laborais.
• Adquirir os coñecementos que permitan ao alumnado identificar, evitar, corrixir e previr problemas específicos que poidan poñer en perigo a saúde e integridade dos membros das agrupacións de voluntarios de protección civil.
• Coñecer as leis e normas en materia de prevención de riscos laborais sobre a base da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.
• Analizar os diferentes plans de actuación, técnicas de prevención e de primeiros auxilios que favorecen ou axudan a superar diferentes situacións de risco.
Contido:
Módulo 1: Conceptos básicos de seguridade e saúde no traballo
Módulo 2: Riscos xerais e a súa prevención (I)
Módulo 3: Riscos xerais e a súa prevención (II)
Módulo 4: Elementos básicos da xestión da prevención de riscos laborais
Módulo 5: Riscos específicos da actividade das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC).
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
haber superado con anterioridade o curso básico de protección civil.
Neste curso teñen preferencia na selección as persoas desempregadas e a continuación as que están en “mellora de emprego”.
Para acreditar esto deben enviar escaneada ao correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.es a tarxeta do paro (ou de mellora de emprego) debidamente actualizada.
O prazo para enviala remata o día 14 de setembro.
Inscrición:
Gratuita