Xornada sobre resposta á contaminación mariña accidental por sustancias nocivas

Código: 152096
Data de inscrición: 29/08/2015 - 07/09/2015
Número da edición: 1
Horas lectivas: 4
Prazas: 100
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 29/09/2015 - 29/09/2015
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Sala de conferencias
Horario: 10.00 ás 14.00 horas
Días: 29 de setembro de 2015
Obxectivos:
Coñecer o marco normativo básico que regula as operacións de resposta á contaminación mariña accidental: o Sistema nacional de resposta, o Plan Camgal e os plans locais.
• Coñecer cales son os principais perigos que supón o transporte marítimo de substancias nocivas potencialmente perigosas.
• Coñecer os materiais, protocolos e técnicas de actuación dos servizos de emerxencia.
• Coñecer cales son os principais métodos de resposta á contaminación por substancias nocivas potencialmente perigosas e a súa adaptación ás operacións tanto no mar como na costa.
Contido:
• O Sistema nacional de resposta, o Plan territorial de Galicia (Plan Camgal) e o Proxecto ARCOPOL Platform.
• O transporte marítimo de substancias nocivas potencialmente perigosas.
• Identificación e clasificación de substancias nocivas potencialmente perigosas.
• Protocolos de intervención I: Mandos e control. Niveis de protección.
• Protocolos de intervención II: Exemplos.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias
- Outros Destinatarios
- Persoal de PC e Emerxencias da Xunta de Galicia
- Corpos de Policía Local
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia
Destinatarios específicos:
Persoal do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia), persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia, persoal do partenariado do proxecto ARCOPOL Platform e outras persoas interesadas no tema.
Inscrición:
Gratuita