Socorrismo e primeiros auxilios con recursos de fortuna

Código: 152082
Data de inscrición: 28/08/2015 - 07/09/2015
Número da edición: 2
Horas lectivas: 10
Prazas: 16
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 26/11/2015 - 26/11/2015
Lugar: Grove, O (Pontevedra)
Localización: Aula de Formación
Clase ou local: Aula de formación de P.C. (Luis A. Mestre, 2 )
Horario: 9.00-19.00
Días: 26 de novembro de 2015
Obxectivos:
Capacitar o alumno para poder prestar unha axeitada primeira asistencia sanitaria urxente, cos limitados recursos dos que dispón, en caso de intervencións en zonas de especial illamento como son a zonas rurais e de montaña.
Contido:
- A emerxencia en montaña e zonas illadas.
- Cando e como solicitar os equipos de socorro. Sinais de petición de auxilio.
- Rescate con helicópteros (protocolos e sinais terra-aire, acceso á aeronave...).
- Como actuar en situacións de illamento ata a chegada do rescate.
- Protocolo de actuación en caso de accidente (o PAS e os "5 dedos").
- Lesións graves "que non poden esperar" e tratamento "in situ" cos recursos de fortuna dos que dispoñemos.
- Inmobilización con medios improvisados.
- Padiolas de fortuna (con paus, esquís, só cunha corda,...).
- Férulas improvisadas (con ramas, bastóns, o piolet...).
- Que levar na caixa de primeiros auxilios para intervencións en montaña e zonas illadas.
- Kit básico de seguridade para zonas illadas.
- Consellos prácticos para evitar accidentes.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
haber superado con anterioridade o curso básico de protección civil.
Neste curso teñen preferencia na selección as persoas desempregadas e a continuación as que están en “mellora de emprego”.
Para acreditar esto deben enviar escaneada ao correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.es a tarxeta do paro (ou de mellora de emprego) debidamente actualizada.
O prazo para enviala remata o día 14 de setembro.
Inscrición:
Gratuita