Básico de topografía e comunicacións

Código: 152069
Data de inscrición: 28/08/2015 - 07/09/2015
Número da edición: 2
Horas lectivas: 16
Prazas: 16
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 09/11/2015 - 10/11/2015
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: aula 10
Horario: 9.00-14.00 e 15.30-18.30
Días: 9 e 10 de novembro de 2015
Obxectivos:
Dotar o alumno de sólidos coñecementos de cartografía, orientación e manexo do GPS que lle permitan desempeñar as súas funcións con autonomía, seguridade e precisión.
Contido:
1. Topografía e xeodesia.
. Elementos xeográficos: Eixe. Polos. Meridianos. Paralelos. Ecuador.
. Coordenadas xeográficas. Lonxitude e latitude. Sistemas de coordenadas.
. Escalas numéricas e gráficas.
. Mapas, cartas, planos e fotografías aéreas.
. O terreo e a súa representación.
. Curvas de nivel.
. Accidentes do terreo e a súa representación gráfica.
. Interpretación e lectura de mapas:
. Simboloxía.
. Representación de usos do chan: vexetación e cultivos, urbanos, entre outros.
. Representación de infraestruturas: vías de comunicación, redes de saneamento, entre outros.
. Hidrografía.
. Divisións administrativas.
. Sistema de planos acoutados e a súa aplicación en Topografía.
. Cálculo de distancias entre puntos.
2. Compás e GPS.
. Descrición e aplicacións do compás.
. Determinación da dirección no terreo en función do rumbo.
. Determinación do rumbo dunha dirección marcada no mapa.
. Dado un rumbo, determinación da dirección que representa no mapa.
. Orientación do plano co compás.
. Sistema de posicionamento global (GPS). - Descrición do GPS.
. Aplicacións do GPS: Posicionamento.
. Almacenamento de puntos. Navegación.
3. Comunicación: Normas e procedementos de traballo.
. Equipos de comunicación en emerxencias. Descrición, manexo e mantemento.
. Establecemento de comunicacións.
. Protocolo de comunicacións
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
haber superado con anterioridade o curso básico de protección civil.
Neste curso teñen preferencia na selección as persoas desempregadas e a continuación as que están en “mellora de emprego”.
Para acreditar esto deben enviar escaneada ao correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.es a tarxeta do paro (ou de mellora de emprego) debidamente actualizada.
O prazo para enviala remata o día 14 de setembro.
Inscrición:
Gratuita