Extinción de incendios urbanos, industriais e de interiores (bombeiros, GES e SMEPC)

Código: 152051
Data de inscrición: 27/08/2015 - 07/09/2015
Número da edición: 2
Horas lectivas: 90
Prazas: 16
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 11/11/2015 - 24/11/2015
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Dia 11 (Agasp - Aula 4) /Os outros días en SEGANOSA
Horario: 9.00-14.00 e 15.30-19.30
Días: 11, 12, 13, 16, 17, 18, 19, 20, 23 e 24 de novembro de 2015
Obxectivos:
C1: Realizar a preparación, posta en funcionamento e mantemento básico dos equipos e ferramentas empregados nas intervencións, comprobando o seu correcto funcionamento e operatividade, segundo normas de seguridade.
C2: Realizar o traslado ao lugar do incendio, definindo as tarefas do equipo durante a intervención e situando os vehículos con seguridade e precisión, segundo plan de ataque definido.
C3: Realizar a intervención de incendios en presenza de electricidade, valorando as súas causas e posibles riscos para a intervención, realizar as operacións con seguridade e comprobar a restauración da normalidade ao finalizar a intervención.
C4: Intervir no control e extinción de incendios de interiores, valorar a información obtida para definir o acceso de intervenientes e recursos e adaptar o plan de ataque aplicando as técnicas e procedementos con seguridade e comprobando a completa extinción do incendio.
C5: Intervir no control e extinción de incendios industriais, solicitando información técnica sobre as instalacións e riscos potenciais, definir as tarefas de intervención e seguridade do equipo, realizando as operacións con seguridade e comprobar a extinción das causas do incendio.
Contido:
1. Equipos e ferramentas.
2. Procedementos para o desprazamento ao lugar do incendio.
3. Intervención en incendios en presenza de electricidade.
4. Control e extinción de incendios de interior.
5. Control e extinción de incendios industriais.
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
• Persoal dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios)
• Grupos de emerxencia supramunicipais (GES)
• Servizos municipais de protección civil e emerxencias
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Inscrición:
Gratuita