Xornada sobre alertas por enxames de abellas e niños de avespas

Código: 152041
Data de inscrición: 30/06/2015 - 09/07/2015
Número da edición: 1
Horas lectivas: 4
Prazas: 125
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 17/07/2015 - 17/07/2015
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Salón de actos
Horario: 10.30 ás 14.30 horas
Días: 17 de xullo de 2015
Obxectivos:
Adquirir a formación necesaria para coñecer como actuar cando se atopen con niños de avespas ou enxames de abellas que abandonaron as súas colmeas e estean ocasionando problemas á cidadanía
Contido:
Tema 1
•As abellas, avespas e abellóns son insectos sociais
•Vida e comportamentos destes insectos
•Reprodución
•Similitudes e diferenzas
•Onde viven e aniñan
•Sistema defensivo das abellas e das avespas
•Cando atacan as abellas e as avespas
•Efectos do veleno destes insectos. Persoas alérxicas
•Caixa de primeiros auxilios contra os efectos do veleno
Tema 2
•Métodos de colleita dun enxame de abellas
•Equipo de actuación: careta, luvas, afumador, funda
•Control de enxames imposibles de recoller
•Control de niños de avespas
•Métodos de control de enxames de abellas e niños de avespas en lugares de difícil acceso.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias
- Outros Destinatarios
- Persoal de PC e Emerxencias da Xunta de Galicia
- Corpos de Policía Local
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia
Destinatarios específicos:
Persoal do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia) e outras persoas interesadas no tema.
Inscrición:
Gratuita