Patrón para navegación básica (PNB)

Código: 152039
Data de inscrición: 13/06/2015 - 25/06/2015
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 20
Modalidade: Semipresencial (en liña + presencial)
Data inicio - fin: 31/07/2015 - 15/09/2015
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 8
Horario: 16:00 horas ás 20:00 horas
Días: 31 de xullo ao 15 de setembro de 2015
Obxectivos:
adquirir coñecementos de navegación, así como a capacitación necesaria para poder pilotar unha embarcación no desenvolvemento das funcións encomendadas.
Os que obteñan o título terán atribucións para o manexo de embarcacións de ata 8 metros de eslora, así como para o manexo de toda clase de motos acuáticas.
Contido:
Teórico:
Unidade teórica 1. Nomenclatura náutica
Unidade teórica 2. Elementos de amarre e fondeadura
Unidade teórica 3. Seguridade no mar
Unidade teórica 4. Lexislación
Unidade teórica 5: Balizamento
Unidade teórica 6. RIPA (Regulamento Internacional para Previr Abordaxes no mar)
Radiocomunicacións: coñecemento xeral das radiocomunicacións no servizo móbil marítimo
Práctico:
1- Seguridade e comprobación antes de saír ao mar
2- Motores
3- Cordame
4- Manobras
5- Fondeadura, vixilancia e control da derrota
6- Manobras de seguridade
Radiocomunicacións: Coñecemento práctico detallado e aptitude para utilizar os equipamento de radiocomunicacións


Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
os/as solicitantes que sexan voluntarios/as de protección civil deben haber superado con anterioridade o curso básico de protección civil, e terán preferencia os/as que o fixeron no ano 2014 ou anteriores.
Publicacións admitidas:
De acordo co establecido no artigo 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp as persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con polo menos 48 horas de antelación ao comezo desta. A devandita renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 206 123.
Solicitudes:
6.1 Na selección terán preferencia as persoas que sexan membros de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) que pola súa situación xeográfica sexan susceptibles de utilizar embarcacións para os seus operativos e sexan designadas polos responsables da súa AVPC como as idóneas para recibir esta formación en base ás súas funcións dentro da agrupación.
6.2 Dentro do prazo de presentación de solicitudes, os responsables das AVPC deberán enviar cuberto e asinado o anexo I desta convocatoria indicando a/as persoas designadas para recibir esta formación por orde de preferencia.
O anexo I cuberto e asinado poderá enviarse por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 206 123.
6.3 Admitiranse como máximo un aspirante por cada AVPC que remita o citado anexo I cuberto e asinado.
En caso de que despois de aplicar os criterios anteriores quedasen prazas vacantes admitirase un novo aspirante, dentro dos incluídos polas AVPC nos anexos I enviados en prazo ata completar o número de prazas.
6.4 Se despois de aplicar os criterios anteriores houbese empate ou quedasen prazas vacantes, terán preferencia as persoas con menos cursos feitos na Agasp nos últimos dous anos.