Intervención en emerxencias para o persoal dos GES

Código: 152037
Número da edición: 1
Horas lectivas: 70
Prazas: 18
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 06/07/2015 - 17/07/2015
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 8
Horario: 10.00-14.00 e 15.30-18.30
Días: 6, 7, 8, 9, 10, 13, 14, 15, 16 e 17 de xullo de 2015
Obxectivos:
Impartir unha formación especializada nuns niveis de capacitación suficientes para que o persoal que supere o proceso selectivo para ingresar nos Grupos de Emerxencia Supramunicipais, poida comezar a asumir as súas funcións no seu novo destino
Contido:
O contido estrutúrase en bloques relativos aos principais riscos e emerxencias nos que, segundo as estatísticas da Xunta de Galicia, intervirá este persoal:
1. Módulo 1: primeiros auxilios (7 h).
2. Módulo 2: excarceración en accidentes de tráfico (14 h).
3. Módulo 3: extinción de incendios urbanos e industriais (28 h).
4. Módulo 4: intervención en incendios forestais (21 h).
Tódolos temas inclúen exercicios prácticos sobre os temas tratados e haberá unha proba final de conxunto.
Persoas destinatarias:
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
Inscrición:
Gratuita

Convocatoria DOG num 80 do 29/04/2015
Publicacións admitidas:
De acordo co establecido no artigo 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp as persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con polo menos 48 horas de antelación ao comezo desta. A devandita renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 206 123.