Intervención de unidades caninas de rescate na busca de persoas desaparecidas

Código: 152033
Data de inscrición: 23/05/2015 - 01/06/2015
Número da edición: 1
Horas lectivas: 24
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 19/06/2015 - 21/06/2015
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 10
Horario: 9.00-14.00 e 15.00-18.00
Días: 19, 20 e 21 de xuño de 2015
Obxectivos:
- Coñecer o funcionamento das Unidades Caninas de Rescate.
- Entender as vantaxes do uso de cans adestrados na busca de persoas desaparecidas.
- Recoñecer os criterios para a intervención destas unidades.
- Proporcionar o material necesario para unha óptima actuación.
Contido:
1. Unidades caninas de rescate.
2. Busca en grandes áreas.
3. Busca en estruturas colapsadas.
4. Busca en avalanchas de neve.
5. Busca en corremento de terra
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Persoal de PC e Emerxencias da Xunta de Galicia
- Corpos de Policía Local
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia
Destinatarios específicos:
Persoas susceptibles de desempeñar tarefas de responsabilidade nun operativo de busca:
- Membros da Unidade Militar de Emerxencias (UME)
- Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil.
- Persoal profesional dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.
- Persoal dos grupos de emerxencias supramunicipais (GES).
- Persoal dos servizos de extinción de incendios e salvamento.
- Persoal dos corpos e forzas de seguridade do estado.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
os/as solicitantes que sexan voluntarios de protección civil deben haber superado con anterioridade o curso básico de protección civil, e terán preferencia os/as que o fixeron no ano 2014 ou anteriores.
Inscrición:
Gratuita
Publicacións admitidas:
De acordo co establecido no artigo 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp as persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con polo menos 48 horas de antelación ao comezo desta. A devandita renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formación.emerxencias.agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 206 123.