Xornada 8: rescate e traballos en altura, escalas manuais

Código: 152025
Data de inscrición: 28/03/2015 - 11/04/2015
Número da edición: 2
Horas lectivas: 8
Prazas: 16
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 23/06/2015 - 23/06/2015
Lugar: Silleda (Pontevedra)
Localización: Lugar de Mera s/n Silleda
Clase ou local: Parque de Bombeiros de Silleda (Pol. Ind. de Silleda, Pontevedra)
Horario: das 8.45 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 18:30 horas
Días: 23 de xuño de 2015
Obxectivos:
Realizar unha aproximación teórica e práctica a distintos aspectos das unidades de competencia incluídas na cualificación profesional SEA129_2 – Extinción de incendios e salvamento.
Contido:
Contido teórico
1. Tipoloxía das escalas empregadas polos servizos de extinción de incendios e salvamento.
2. Mantemento de escalas e os seus elementos (lista de control). Normativa de referencia.
3. Sistemática e metodoloxía no manexo e emprego de escalas manuais.
4. Metodoloxía e execución de traballos con escalas manuais. Factores de risco.
Contido práctico
1. Levantamento e aseguramento de escalas. Práctica tipo A - E.
2. Ascensos por escalas. Práctica tipo B - E.
3. Ascensos e descensos con escala de ganchos. Práctica tipo C - E.
4. Método de evacuación con escala colisa – corredera. Práctica tipo D - E.
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
Profesionais dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios), persoal dos grupos de emerxencias supramunicipais (GES) e profesionais dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
Uniformidade: é obrigatorio asistir á actividade co uniforme de traballo. As persoas que incumpran esta norma poderán ser dadas de baixa.
Material que deberán traer os alumnos para a realización das prácticas:
• Casco lixeiro tipo F2
• Botas de traballo
• Luvas de traballo
• Cazadora – pantalón de parque
• Arnés ou cinto de traballo + cabo de ancoraxe
Inscrición:
Gratuita
Publicacións admitidas:
De acordo co establecido no artigo 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp as persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con polo menos 48 horas de antelación ao comezo desta. A devandita renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 206 123.