Xornada 2: ferramentas e útiles, Ferramentas de corte

Código: 152013
Data de inscrición: 28/03/2015 - 11/04/2015
Número da edición: 2
Horas lectivas: 8
Prazas: 16
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 19/05/2015 - 19/05/2015
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 4
Horario: das 8.45 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 18:30 horas
Días: 19 de maio de 2015
Obxectivos:
Realizar unha aproximación teórica e práctica a distintos aspectos das unidades de competencia incluídas na cualificación profesional SEA129_2 – Extinción de incendios e salvamento.
Contido:
Contido teórico
1. Materiais usados polos servizos de extinción de incendios e salvamento. Análise e peculiaridades.
2. Niveis de protección adecuados ao uso destas ferramentas (EPI).
3. Principios de traballo e metodoloxía de uso.
4. Procedementos de seguridade no seu uso. Campo de aplicación e traballo seguro.
Contido práctico
1. Práctica tipo A - H.
2. Práctica tipo B - H
3. Práctica tipo C - H.
4. Práctica tipo D - H.
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
Profesionais dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios), persoal dos grupos de emerxencias supramunicipais (GES) e profesionais dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
Uniformidade: é obrigatorio asistir á actividade co uniforme de traballo. As persoas que incumpran esta norma poderán ser dadas de baixa.
Material que deberán traer os alumnos para a realización das prácticas:
• Casco lixeiro tipo F2
• Botas de traballo
• Luvas de traballo
• Cazadora-pantalón de parque
Inscrición:
Gratuita
Publicacións admitidas:
De acordo co establecido no artigo 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp as persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con polo menos 48 horas de antelación ao comezo desta. A devandita renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formación.emerxencias.agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 206 123.