Técnicas e sistemas de medición de ruidos

Código: 151220
Número da edición: 7
Horas lectivas: 20
Prazas: 0
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 23/11/2015 - 26/11/2015
Lugar: Ourense (Ourense)
Localización: AGASP
Obxectivos:
Adquisición de competencias e coñecementos relacionados coa avaliación e control do ruído ambiental para poder realizar inspeccións ou aceptar as realizadas por entidades homologadas.
Contido:
– Fundamentos físicos do ruído: conceptos básicos, índices de ruído, avaliación e modelos de cálculo.
– Lexislación: introdución á contaminación acústica, competencias, obxectivos de calidade, prevención e control do ruído, áreas acústicas.
– Tratamento procedemental da contaminación acústica: diferenzas entre administrativo e penal.
– Problemática do ruído en núcleos antigos.
– Problemática de aplicación da normativa de ruído.
– Casos prácticos: procedementos de medida e utilización de sonómetros para inspección.
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local